

Introduction
Daniel Durán Chapela, coñecido como Daniel Chapela, nado en Bueu en 1999, é un filólogo e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Estudou o bacharelato no Instituto de Bueu, e nesa etapa encargouse voluntariamente dunha axencia de lectura en Meiro. Iniciou os estudos de Dereito na Universidade de Vigo mais, ao rematar o segundo curso, abandonounos para facer o grao de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou no 2023. Formou parte do claustro da USC en representación do estudantado.
Foi fundador, xunto con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira, da asociación cultural O Arquivo das Trasnas, que organizou as xornadas "Literatura nas marxes. A creación alén do canon" e "Id’ a San Momed’. Xornadas de poesía e mar". Tamén participou na produción do documental Xela Arias. Poeta nas marxes.
Foi elixido coordinador de Cultura do PPdeG no congreso de maio de 2022. En outubro de 2022 rumoreouse na prensa que asumiría a dirección da revista Dorna en substitución de Ramón Lorenzo, mais finalmente o relevo do equipo non incluíu a Daniel Chapela, sendo nomeada directora María Xesús Nogueira. Presentouse ás eleccións municipais de 2023 de Bueu na candidatura do PPdeG e foi elixido concelleiro.
Premios
- 2022: Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de proxecto literario en rede, por O Arquivo das Trasnas, con Sara Piñeiro e Beatriz Pereira.
- 2022: 2º premio no Xuventude Crea 2022, porBiscoito de laranxa.
Notas
- ↑ Hermida, María (11/11/2016). "Daniel, un superviviente que estudia, trabaja y es bibliotecario a los 17" La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Hermida, María (3 de outubro de 2021). "O milagre de Daniel; o rapaz que se coidou só e agora é un home de letras". lavozdegalicia.es. Consultado o 14 de outubro de 2022.
- ↑ Redacción (2021-03-11). "Las jornadas 'Literatura nas marxes' analizarán la figura de la mujer, la maternidad y el tratamiento LGBTIQ+". europapress.es (en castelán) (publicado o 11 de marzo de 2011). Consultado o 2023-10-01.
- ↑ García, David (2022-06-07). "Poesía e mar en Sanamedio". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-01-14.
- ↑ Pin, Irene (15/01/2021). "O documental 'Xela Arias, poeta nas marxes' verá a luz en abril deste ano". Nós Diario. Consultado o 14/01/2023.
- ↑ García, David (2022-05-24). "Daniel Chapela, o novo brazo de Alfonso Rueda en Bueu: “Vou dar todo de min pola nosa cultura e lingua”". Faro de Vigo (en castelán) (publicado o 24 de maio de 2022). Consultado o 2023-10-01.
- ↑ Núñez, Verónica (2022-08-22). "Daniel Chapela: "Temos tarefas pendentes para achegarlle a lingua á mocidade"". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 2023-10-01.
- ↑ Redacción (2022-10-11). "A Xunta sitúa o coordinador de Cultura do PP á fronte da histórica revista 'Dorna'". nosdiario.gal. Consultado o 2023-10-01.
- ↑ "O novo Consello de Redacción da revista está conformado María Xesús Nogueira (directora), María Alonso Alonso e Jorge Rodríguez Durán.". X (formerly Twitter). Consultado o 2023-10-02.
- ↑ García, David (2023-05-29). "El BNG retiene la mayoría en Bueu ante un PP al alza y necesita pactar con el PSOE". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-11-01.
- ↑ xornaldebueu (2022-05-11). "O bueués Daniel Chapela consegue un Premio Follas Novas polo proxecto "O Arquivo das Trasnas"". Xornal de Bueu. Consultado o 2023-09-17.
- ↑ "Premiados poesía Xuventude Crea" (PDF). xuventude.xunta.es/.