Chus Nogueira
Filóloga e ensaísta galega

Chus Nogueira

The basics
Quick facts
Intro
Filóloga e ensaísta galega
A.K.A.
María Xesús Nogueira Pereira
Gender:
Female
Places:
Birth:
19 July 1968(Berres, A Estrada)
Biography menu
Menu

Jump to

Introduction Traxectoria Obras Véxase tamén
The details
Biography

Introduction

María Xesús Nogueira Pereira, nada en Berres (A Estrada) o 19 de xullo de 1968, é unha filóloga e ensaísta galega. É a presidenta da Asociación Galega da Crítica desde a súa creación en 2015.

Traxectoria

Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. As súas principais liñas de investigación son a narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea. Foi membro dos consellos editores da revista Dorna e da colección de poesía Letras de Cal. Na actualidade éo do Boletín Galego de Literatura e colabora do portal en internet culturagalega.org. É ademais autora de artigos en volumes colectivos e revistas, onde tamén publica con regularidade crítica literaria.

Obras

Ensaio

  • Os outros feirantes de Álvaro Cunqueiro, 1993, Sotelo Blanco.
  • A Literatura desde 1936 ata hoxe: poesía e teatro, 2001, Hércules de Edicións.
  • Soñadores e familia. Os personaxes na narrativa de Álvaro Cunqueiro, 2009, 3C3 editores.
  • Dicionario Lois Pereiro, 2011, 3C3 editores.

Edición

  • Álvaro Cunqueiro. Narrativa curta. Antoloxía, 1997, A Nosa Terra.
  • Lois Pereiro: Día das Letras Galegas 2011, 2011, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Viaje a Lugo: páginas sobre la ciudad, de Álvaro Cunqueiro, 2011, Alvarellos.

Obras colectivas

  • O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
  • Oito e médio, 1993, Edicións do Dragón.
  • Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
  • Poesía Contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Fervenza.
  • Palabra viva. Galicia e Hispanoamérica, 2012, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Letras nómades. A mobilidade feminina na literatura galega, 2014, Frank & Timme.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Chus Nogueira na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.