Kalaf Angelo
Angolan writer and musician

Kalaf Angelo

The basics
Quick facts
Intro
Angolan writer and musician
A.K.A.
Kalaf Epalanga, Epalanga, K.
Gender:
Male
Places:
Work field:
Birth:
10 February 1978(Benguela Province, Angola)
Star sign:
Residences
Lisbon, Lisbon, Portugal; Berlin, Margraviate of Brandenburg
Genres:
Biography menu
Menu

Jump to

Introduction Traxectoria Obras Notas Véxase tamén
The details
Biography

Introduction

Kalaf Epalanga Ângelo, nado en Benguela o 10 de febreiro do 1978, é un músico, escritor, poeta e cronista angolano establecido en Berlín. Foi fundador da banda Buraka Som Sistema, nomeada aos MTV Europe Music Awards durante tres anos consecutivos na categoría de Mellor Artista Portugués. É cofundador do selo musical Enchufada, unha plataforma creativa lisboeta que fomenta novos estilos musicais.

Traxectoria

Kalaf Epalanga naceu en Benguela, Angola, rexión na que reside o pobo ovimbundu. Procede dunha familia de funcionarios públicos, relacionada coa cidade de Catumbela e a súa industria ferroviaria. Coa revolución contra o dominio portugués no 1961, o seu avó ingresou no Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), chegando a ser gobernador.

Na segunda metade dos anos noventa, Kalaf Epalanga trasladouse a Lisboa para estudar, coa intención de regresar a Angola cunha mellor formación académica. Porén, os seus plans foron adiados por problemas familiares. No 1998, iniciouse no mundo da música urbana portugesa, facendo colaboracións con artistas como Sara Tavares, Sam The Kid ou Nuno Artur Silva. No 2003, xunto co produtor João Barbosa, fundou a produtora musical independente Enchufada, na que editaría o seu proxecto Buraka Som Sistema.

Foi cronista do xornal portugués Público e da GQ Portugal, así como do xornal angolano Rede Angola. Na actualidade, escribe tamén para a revista brasileira Quatro Cinco Um. As súas crónicas están recollidas en dúas coleccións, Estórias para meninos de cor (2011) e O Angolano que comprou Lisboa (por metade do preço), do 2014, ambos na Editora Caminho. Na súa primeira novela, Também os brancos sabem dançar (2018), publicada pola Editora Todavia, narra a súa traxectoria musical, a historia do kuduro e da kizomba, e fai un retrato de Benguela e da Lisboa dos anos noventa.

Obras

  • Estórias para meninos de cor (2011). Editora Caminho.
  • O Angolano que comprou Lisboa (por metade do preço) (2014). Editora Caminho. ISBN 978-9722127219
  • Também os brancos sabem dançar (2018). Editora Todavia. ISBN 978-9722128810

Notas

  1. "“empty” (Kalaf Ângelo)". www.lyrikline.org. Consultado o 2023-12-11. 
  2. w4h. "Kalaf Epalanga". ALKANTARA (en inglés). Consultado o 2023-12-11. 
  3. "Buraka Som Sistema - Awards & Nominations". awardsandwinners.com. Consultado o 2023-12-11. 
  4. "Kalaf Epalanga". anabelamotaribeiro.pt. Consultado o 2023-12-11. 
  5. Oliveira, Joana (2019-08-16). "Kalaf Epalanga, o estrangeiro que conquistou o mundo". El País Brasil (en portugués). Consultado o 2023-12-11. 

Véxase tamén

Ligazóns externas