Chema Alonso
Spanish data and security executive

Chema Alonso

The basics
Quick facts
Intro
Spanish data and security executive
Gender:
Male
Places:
Birth:
1975
Biography menu
Menu

Jump to

Introduction Traxectoria Formación Hacker Notas Véxase tamén
The details
Biography

Introduction

Non confundir con Chefa Alonso, saxofonista e compositora galega.

José María Alonso Cebián, popularmente coñecido como Chema Alonso, nado en Madrid en 1975, é un executivo, hacker e experto en ciberseguridade español.

Traxectoria

En 1999 comezou a traballar como consultor de seguridade na empresa Informática 64, de seguridade informática, que finalmente dirixiu. Desde 2009 dirixe tamén o máster de Seguridade de Información da Universidade Europea de Madrid.

En 2005 a multinacional Microsoft concedeulle o prestixioso galardón Microsoft MVP (Microsoft Most Valuable Professional) na área de seguridade corporativa.

Alonso incorporouse á multinacional Telefónica en 2013 ao realizarse a compra de Informática 64, adquirida co nome de ElevenPaths e da cal é director executivo. En Telefónica ocupa tamén o cargo de CDO (Chief Data Officer) desde 2016. Na empresa é responsable, entre outros, da ciberseguridade global e da seguridade dos datos.

Compaxinou o seu traballo coa publicación de varios libros, así como con participacións periódicas sobre ciberseguridade en medios de comunicación tales como a cadea de emisoras COPE (programa "Las Mañanas") e laSexta.

Formación

Alonso é enxeñeiro Informático pola Universidade Rey Juan Carlos e enxeñeiro informático de sistemas pola Universidade Politécnica de Madrid, onde foi distinguido como Embaixador Honorífico da Escola Universitaria de Informática en 2012. Fixo o doutoramento en Seguridade Informática na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.

Hacker

Alonso é considerado un dos maiores hackers de España, pero sen connotacións negativas, dado que na súa opinión un hacker non necesariamente debe asociarse á ciberdelincuencia. Isto vén corroborado polas súas numerosas participacións en múltiples conferencias nacionais e internacionais de ciberseguridade, das que destacan BlackHat e DEF CON (nesta última é o español que máis veces participou).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

  •