The basics
Quick facts
Gender:
Male
Places:
Work field:
Birth:
2 March 1964(Madrid, Community of Madrid, Spain)
Star sign:
Instruments:
Education:
Complutense University of Madrid
Madrid, Community of Madrid, Spain
Family:
Biography menu
Menu

Jump to

Introduction Traxectoria Notas
The details
Biography

Introduction

César Montaña Lehmann, nado en Madrid o 2 de marzo de 1964, de nome artístico César Strawberry, é un escritor, compositor e cantante español, popular por ser membro e portavoz do grupo Def Con Dos. Tamén é vocalista no grupo Strawberry Hardcore. Como escritor ten publicadas tres novelas, un libro de relatos compartido e a primeira parte da biografía do grupo Def Con Dos.

Traxectoria

Goza de popularidade por ser MC e voceiro do grupo de música hip hop e rap metal Def Con Dos. Con esta banda publicou dez discos en estudo, ademais de diversos recompilatorios, directos, unha maqueta e varios sinxelos, sendo o compositor da maior parte das súas letras.

Tamén é cantante e compositor das letras do grupo de música Strawberry Hardcore, que practica precisamente ese estilo musical, na súa vertente melódica, e co que publicou dous álbums.

Ademais está desenvolven unha carreira como escritor, con tres novelas publicadas, a primeira parte dunha biografía sobre o grupo Def Con Dos e un libro de relatos compartido.

O 19 de xuño de 2016 foi detido pola Garda Civil dentro da operación “Araña III” acusado de “enaltecemento do terrorismo”, por unhas mensaxes en Twitter de ano e medio antes. Ese mesmo día foi posto en liberdade e difundiu un comunicado, no que lamentaba que esas mensaxes puidesen ofender a algunhas persoas, defendía o dereito á crítica sociopolítica e explicaba “en todo momento considerei que esta actividade se atopaba amparada pola liberdade de expresión”. Foi absolto dos delitos de enaltecemento do terrorismo e humillación ás vítimas pola audiencia nacionale posteriormente condenado polo tribunal supremo a un ano de cárcere.

Notas