César Barja
Spanish writer, university teacher and literary critic

César Barja

The basics
Quick facts
Intro
Spanish writer, university teacher and literary critic
Gender:
Male
Birth:
1 October 1890
Death:
17 June 1951(Los Angeles, Los Angeles County, California, U.S.A.)
Biography menu
Menu

Jump to

Introduction Biografía Obra Véxase tamén
The details
Biography

Introduction

César Barja Carral, nado en Trasparga (Guitiriz) o 1 de outubro de 1890 e falecido nos Ánxeles o 17 de xuño de 1951, foi un escritor e crítico literario galego.

Biografía

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e logo na de Madrid, onde se licenciou en 1912 e onde se doutorou en 1915. A Xunta de Ampliación de Estudos outorgoulle unha bolsa para estudar filosofía na Universidade de Leipzig (1912-1914) e logo doutorouse na de Harvard (1916-1917). Ó seu remate aceptou unha oferta como profesor de español no Connecticut College e despois como profesor da mesma lingua na Universidade de Michigan (1920-1921). Despois foi profesor auxiliar do Smith College (1921-1924) e lector da Universidade de California, e pasou a profesor asociado en 1927 e titular en 1930. Recibiu a nacionalidade norteamericana en 1931. Foi tamén catedrático de italiano entre 1941 e 1942. Elixido membro correspondente da Real Academia Española en 1947, en 1950 tamén foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

Obra

Escribiu tres libros de crítica literaria que constitúen, de feito, unha historia da literatura española en tres tomos desde os seus inicios: Libros y autores clásicos (1922), Libros y autores modernos (1925) e Libros y autores contemporáneos (1935). En 1926 publicou En torno al lirismo gallego del siglo XIX. Tamén colaborou en revistas con numerosos artigos e dirixiu a revista Modern Language Forum de 1934 a 1937. Publicou dous modestos volumes de poesía. Tamén traduciu obras de dereito de alemán, por exemplo de Viktor Cathrein.

Títulos

  • Rosas y espinas místicas (Madrid, 1921).
  • Libros y Autores Clásicos (1922).
  • Rosalía de Castro (Nueva York, 1923)
  • Libros y Autores Modernos (1925).
  • Libros y Autores Contemporáneos (1935).
  • En torno al lirismo gallego del siglo XIX (1926).

Véxase tamén

Bibliografía

  • H. Corbató, C. Epling, M. A. Zeitlin, Obituary of César Barja, Spanish and Portuguese: Los Angeles, pp. 1–5.